lototipos oficiales dixturgal

DIXTURGAL – Habilidades Dixitais para o Sector Turístico en Galicia

Formación en liña gratuíta para mellorar as competencias dixitais do sector turístico galego

Esta formación forma parte do programa de desenvolvemento de competencias dixitais para empregados e empregadas actuais do sector turístico de Galicia, promovido pola Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, e financiado polo programa NextGenerationEU da Unión Europea, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Training Consulting

Queres levar as túas habilidades laborais ao seguinte nivel? Axudarémosche a prepararte para os retos do futuro!

lototipos oficiales dixturgal

ESCOLLE O TEU CURSO E REXÍSTRATE XA! PRAZAS LIMITADAS!

2026-06-24T10:49:46+02:00

CURSO UNIVERSITARIO TÉCNICO EN COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS

O CURSO UNIVERSITARIO TÉCNICO EN COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS Galicia está orientado a adquirir e consolidar as habilidades dixitais esenciais para desenvolverse con certeza, autonomía e eficacia en contornas dixitais cotiás e profesionais. Ao longo da formación trabállanse competencias fundamentais para a contorna turística galega, como a procura e xestión de información na internet, o uso de ferramentas de comunicación dixital, a organización de datos e contidos, a colaboración en liña, a creación básica de recursos dixitais, a protección de datos privados, a navegación segura, o uso responsable da tecnoloxía e a resolución de problemas técnicos habituais. Trátase dunha formación práctica e accesible, deseñada para mellorar a confianza dixital, facilitar o uso de ferramentas en liña e reforzar a empregabilidade nun sector turístico cada vez máis conectado.

2026-06-24T10:49:36+02:00

CURSO UNIVERSITARIO TÉCNICO EN COMPETENCIAS DIXITAIS AVANZADAS

O CURSO UNIVERSITARIO TÉCNICO EN COMPETENCIAS DIXITAIS AVANZADAS (Galicia) está orientado a reforzar e ampliar o dominio das tecnoloxías dixitais desde unha perspectiva práctica, crítica e profesional. Ao longo da formación trabállanse competencias clave para a contorna turística galega, como a procura avanzada de información, a xestión eficiente de datos e contidos, a comunicación dixital, a colaboración en liña, a creación de recursos multimedia, a protección da identidade dixital, a ciberseguridade, a accesibilidade e o uso aplicado de ferramentas baseadas en intelixencia artificial. Trátase dunha formación avanzada deseñada para mellorar a autonomía dixital, optimizar tarefas profesionais e responder con certeza os retos actuais do traballo en contornas conectadas.

3 SIMPLES PASOS PARA O TEU CRECEMENTO LABORAL NO SECTOR TURÍSTICO GALLEGO

VER TODOS OS CURSOS

AO TEU RITMO

Fórmate desde calquera lugar cos nosos cursos en liña.
VER TODOS OS CURSOS

Que aprenderás?

A través dos itinerarios formativos de DIXTURGAL poderás mellorar competencias relacionadas co uso seguro, eficaz e profesional da tecnoloxía.

Entre os principais ámbitos de aprendizaxe inclúense:

Procura, avaliación e xestión de información dixital

Comunicación e colaboración mediante ferramentas en liña

Creación e reelaboración de contidos dixitais

Seguridade, privacidade e protección de datos.

Uso responsable de redes sociais e servizos dixitais

Accesibilidade dixital

Resolución de problemas tecnolóxicos

Aplicación práctica da intelixencia artificial

Ferramentas dixitais útiles para a contorna turística

Os contidos dos cursos estrutúranse conforme a áreas de competencia dixital e adáptanse a distintos niveis de aprendizaxe, desde competencias básicas ata competencias avanzadas.

Inscribir en DIXTURGAL: Mellora as túas competencias dixitais e reforza o teu perfil profesional no sector turístico galego. Elixe o itinerario que mellor se adapte ao teu nivel e solicita información para formalizar a túa inscrición.

0
ANOS DE EXPERIENCIA
0
ALUMNOS
0
CURSOS IMPARTIDOS
0
ENTIDADE CERTIFICADA POLA NORMA DE CALIDADE ISO