PRAZAS LIMITADAS! RESERVA A TÚA XA!
DIXTURGAL está dirixido a persoas de Galicia vinculadas ou interesadas no sector turístico, especialmente aquelas que traballan, buscan emprego ou queren mellorar o seu perfil profesional en actividades relacionadas co aloxamento, a restauración, as axencias de viaxes, os guías turísticos, o transporte, os servizos culturais, o lecer, os recursos turísticos, os servizos ao visitante ou a xestión de destinos.
Tamén pode ser de interese para autónomos, pequenas empresas, entidades locais, asociacións e profesionais que precisen mellorar o seu uso das ferramentas dixitais no sector turístico.

