COÑECE O PROXECTO
DIXTURGAL é un proxecto de capacitación dixital orientado a reforzar as competencias dixitais das persoas que traballan, traballaron ou queren incorporarse ao sector turístico en Galicia. A formación desenvólvese en modalidade en liña e permite adquirir coñecementos prácticos para buscar e xestionar información, comunicarse en contornas dixitais, crear contidos, protexer datos, utilizar ferramentas tecnolóxicas e resolver problemas habituais na contorna dixital.
O programa contempla dous itinerarios formativos independentes, un de nivel básico e outro de nivel avanzado, ambos cunha duración de 75 horas e recoñecemento 3 créditos ECTS.
Unha formación pensada para o turismo galego
O turismo necesita profesionais capaces de traballar con ferramentas dixitais, xestionar información con criterio, comunicarse de forma eficaz, protexer datos privados, crear contidos dixitais e adaptarse a novas formas de relación con clientes, empresas e administracións.
DIXTURGAL nace para responder a esa necesidade desde un enfoque práctico, accesible e vinculado o territorio galego. A súa finalidade é contribuír á mellora da empregabilidade, a profesionalización e a transformación dixital do sector turístico en Galicia.
Por que participar?
Formación gratuíta
Os cursos ofrécense sen custo para as persoas participantes dentro do programa DIXTURGAL.
Modalidade en liña
A formación realízase en liña, o que permite avanzar con flexibilidade e compatibilizar a aprendizaxe con outras responsabilidades profesionais ou privados.
Recoñecemento universitario
Cada curso conta cunha duración de 75 horas e recoñecemento de 3 créditos ECTS.
Enfoque turístico
Os contidos oriéntanse ao uso de competencias dixitais en contextos vinculados ao turismo galego, a atención ao cliente, a comunicación, a promoción, a xestión de información e a actividade profesional. Acompañamento formativo O programa contempla seguimento do alumnado, soporte técnico e apoio durante o desenvolvemento da formación.
Apoio á formación
O programa inclúe seguimento do alumnado, apoio técnico e asistencia durante o proceso de formación.
